Tuesday 14 de May de 2024

Comunicado do Partido Popular de Sada


O grupo municipal do Partido Popular de Sada celebra que o alcalde se haxa tomado moi en serio a solicitude de información e xa remitise parte da documentación.

Cónstanos especialmente que se puxo en contacto coas entidades para que nos fagan chegar as súas suxestións.

Sada, 11 de Novembro de 2023.- O partido popular de Sada, en acordo con UPSA e o PSdeG-PSOE, para preparar o pleno extraordinario a celebrar o 20 de Novembro solicitou a seguinte documentación:

1-Número de axentes que conforman o persoal da Policía Local actualmente, con indicación dos que están de baixa médica, así como os horarios de servizo de todo o persoal, cargos e salarios actuais e medios dos que dispoñen
(vehículos,armas…)

2-Informe do último acordo/proposta na RPT respecto a a policía municipal.

3-Número de axentes que conforman o posto da garda Civil no concello e horarios de servizo.

4-Plans e protocolos de seguridade elaborados polo Concello.

5-Acta da última Xunta local de seguridade.

6- Tamén solicitamos que por parte da alcaldía diríxase a todas as entidades de base asociativa do municipio, unha carta convidándolles, se o teñen a ben, a facer chegar as súas reflexións e suxestións sobre o tema e especialmente ofrézaselles esta posibilidade a todos os axentes da Policía Municipal de maneira individualizada e membros do SEM.

Desde o Partido Popular queremos agradecer que desde a alcaldía estea a solicitarse a información solicitada polos promotores deste pleno extraordinario.
Parece que por fin se vai a abordar este tema con rigor e seriedade, tal como facemos as cousas no Partido Popular.